#InformeGaula en Revista Eco | Los concursos de acreedores caen un 28% en Galicia

La Revista Digital Eco do Eixo Atlántico, publica el #InformeGaula de análisis de GAULA Abogados sobre las estadísticas de procedimientos concursales en Galicia:

 

“Despois de Estremadura (-69,2%), Castela-A Mancha (-50%) e Andalucía (-29%), Galicia é a cuarta onde máis se reduciu o número de concursos de acredores no terceiro trimestre.

O bufete Gaula Abogados, especializado en procedementos concursais, vén de publicar un informe no que analiza a evolución de empresas e particulares que voluntariamente ou por necesidade se viron inmersos nun procedemento de concurso de acredores en función dos diferentes ratios publicados polo Instituto Nacional de Estatística, Infoconcursal e a análise do Servizo de Estudos de Gaula.

A primeira conclusión dos datos correspondentes ao terceiro trimestre deste ano é a evolución positiva dos datos en España, que sitúa o número de debedores concursados un 5% por debaixo dos rexistrados no mesmo período de 2017.

Dos 1.079 debedores concursados no terceiro trimestre, 778 son empresas (persoas físicas con actividade empresarial e persoas xurídicas) e 301 persoas físicas sen actividade empresarial que se acolleron ao mecanismo da Lei de Segunda Oportunidade para debedores particulares, o que supón o 72,1% e o 27,9%, respectivamente, do total.

Por comunidades autónomas, Cataluña e a Comunidade de Madrid acumulan o 44,9% do total de debedores concursados no terceiro trimestre de 2018.

En Cataluña os rexistros ascenden ata os 302 concursos rexistrados, mentres que na comunidade madrileña se produciron un total de 182. Ambas comunidades presentan un incremento próximo ao 15% no número de concursos respecto ao mesmo período do ano anterior. Neste sentido, Asturias (+89%), Cantabria (+28,6%) e Murcia (+10,3%) son o resto de autonomías que non melloran os datos de procedementos concursais durante este período.

No número de debedores concursados correspondente a empresas apréciase unha diminución do 3,6% durante o terceiro trimestre deste ano.

Destas compañías concursadas, máis do 23% ten como actividade económica principal o comercio e case o 16% a construción. Outro dato significativo é que o 55,8% do total de empresas concursadas ten menos de seis traballadores e, entre estas, o 32,9% non ten asalariados.

Diversificar

Para Carlos Pavón, socio director de Gaula Abogados, “estes datos reflicten que a recuperación da economía de Cataluña segue sendo máis lenta do esperado, a pesar da súa tradicional fortaleza produtiva”.

O feito de que dous sectores tan fundamentais da economía, como o comercio e a construcción, sexan os que concentran un maior número de procedementos concursais, pon de relevo a complexidade de soster no tempo unha actividade empresarial solvente. Por iso apunta Pavón que “aquelas empresas que diversificasen as súas actividades en diferentes sectores ou clientes, tomando as decisións oportunas a tempo, terán unha maior capacidade de sortear as dificultades e manter a súa actividade”.

O Informe Gaula sinala que as situacións máis comúns que derivan en concurso de acredores son o sobreendebedamento e o refinanciamento de débedas sen valorar a capacidad real de pagamento dos novos compromisos adquiridos, as débedas incurridas por persoas físicas que avalaron ás súas empresas e que agora non teñen capacidade de afrontar ese endebedamento a nivel persoal, véndose na necesidade de acollerse ao mecanismo de “segunda oportunidade”, e os casos relacionados co valor dos activos, xeralmente inmobles, taxados cun prezo pre-crise, cuxo exceso de financiamento lastra os resultados actuais das compañías”.

 

Fuente: Revista do Eixo Atlántico